O pasado 27 de marzo voltamos a participar da Foliada do Lar, organizada por Gaiteiros Ponteses, tras dous anos sen facelo.
Foi un concerto especial e de certa exixencia para o grupo posto que, por un lado, estreábamos novo repertorio, e, por outro lado, facían o seu debut co grupo Carolina Leal (gaita e frauta traveseira) e Iago Pena (baixo eléctrico). Ademáis era a primeira vez na que decidídamente incorporábamos o baixo á instrumentación do grupo.
O resultado non pudo ser mellor.
Dende aquí queremos mostrar o noso agradecemento particular a:
- Á organización da Foliada, i en particular a Lamas e Carlos, que nos deron todas as facilidades do mundo, tanto organizativas como de medios. Non nos esquezemos de Aurora, Mari e compañía, que nos acompañaron ata o peche do local.
- Ós compañeiros de Jin Tony`s Son Band, que nos prestaron parte do seu equipo, nolo puxeron á funcionar e nos acompañaron durante todo ó concerto.
- A Juanillo, amo e señor da equilización, domador de graves, agudos e medios.
- A Lucía Leal e "Tato" Hermida que puxeron a súa furgoneta á nosa disposición.
- A Adrián Luaces, Oka e resto desta Tropa Brava, fundamentais á hora de que a nosa loxística funcionase coma un reloxio suizo.
A todos os amigos e compañeiros que nos acompañástes neste concerto.
Luis onde che vai o cubata, tes unha cara de borracho que nin diola.
ResponderEliminarÁnimo rapaces, que o facedes xenial!!
ResponderEliminarQue non vos veña ninguén comendo a moral.
¿Donde vai Rober?
Migueliño te queremos.
MUXAREGA NA FRAGA, LARALALALÁ
ResponderEliminarMUXAREGA NA FRAGA, LARALALALÁ
LARALALÁ, LARALALALÁ LALÁ LARALALÁ
Esas gaiteiras!! Que vos collera!!!
Je, je, je,...
gracias a todos polo apoio e ostia o cubata tiñao na barra
ResponderEliminarjejejjeje,,,,,,pois animádevos a vir ó fardela en villalba eh,,,,,,un beijoooo... ANA
ResponderEliminar