miércoles 29 de julio de 2009

CHURRUCHAO FOLK. 1 DE AGOSTO 2009

Recuperándonnos aínda, igual que a gran maioría dos ponteses, das mermas físicas e mentais que supuxo (de novo) a Festa da Fraga de este ano, xa andamos argallando no próximo concerto.
Desta volta viaxaremos ata as montuosas terra de Forcarei, na provincia de Pontevedra, concretamente á parroquia de San Miguel de Presqueiras.
Alí nos agarda a amiga Filo e todo o entramado do CHURRUCHAO FOLK 2009 que teñen preparado alí.

Este festival, moi recomendable para todo o mundo polo entorno no que se celebra, polo que se vai a comer e polo que se vai a escoitar, ven precedido da II FESTA DE CROCA onde se poderá saborear esta suculenta carne acompañada de outros manxares da zona.

Para que vos fagades unha idea do choio que hai aló montado facilitámosvos unha aproximación da programación do día:

Polo mediodía, a darlle ó dente:
14:00 ata 17:00: Xantar da 2ª Festa da Croca

Pola noitiña, a baixar colesterol co Churruchao Folk:
22:30 a 00:00 O Son da Fervenza
00:15 a 01:45 Avelaiña
02:00 a 03:30 Muxarega

sábado 18 de julio de 2009

PRÓXIMA ESTACIÓN: FESTIVAL FOLK A FRAGA. AS PONTES.

O vindeiro concerto do grupo será no Festival Folk da Fraga, ó que volvemos tras un ano se participar nel.
Como moitos de vós saberedes MUXAREGA foi case sempre un habitual neste festival, motivado polos convenios culturais que se soían firmar co Concello. Este ano retomamos o choio.

O cartel do festival complétano:

LEÑA VERDE: Grupo que ven de Pol (Lugo) vinculado á Asociación Cultural do mesmo nome. As influenzas de LEÑA VERDE están marcadas pola composición heteroxénea do grupo, que condiciona a liña duns arranxos e composicións propias que, en todo caso, parten do coñecemento, respecto e compromiso coa tradición galega. Deste xeito, o traballo do grupo pode etiquetarse como un folk tradicional modelado pola sonoridade das gaitas, frautas e acordeóns; dunha sección de saxos (soprano, alto e tenor); o sustento harmónico da corda -guitarras, contrabaixo e piano que seguen ben patróns clásicos ben progresións relacionadas coa música antiga, pop/rock ou blues; a percusión tradicional galega e doutras culturas e o empaste máxico das voces das dúas cantareiras, que interveñen en varios temas.

BONOVO: Proxecto musical creado por Óscar Fernández (ex-Cempés), Roberto Grandal (ex-banda Budiño e ex-banda Susana Seivane) e Pulpiño Viascón (ex-Diplomáticos de Montealto e ex-Jarbanzo Negro) no ano 2007. A esencia acústica da zanfona e do acordeón, mesturados cunha batería electrónica, efectos e instrumentos virtuais, queren romper barreiras co establecido, explorando alén do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes.
BONOVO comeza así o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e tres personalidades de seu, nunha simbiose musical imprevisíbel.
BONOVO propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixará a ninguén indiferente. Pode ou non facer bailar teu corpo, pero de seguro que si o fará a túa mente.
Son innovadores no tocante ó tratamento dos instrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro popular, aínda que o seu repertorio ofrece unha maioría de composicións propias.

LUAR NA LUBRE: Pouco que dicir deles. Xa todos os coñecemos. LUAR NA LUBRE é, hoxe por hoxe, unha das formacións máis importantes de folk en Galiza e cecais a máis internacional cun amplio historial de concertos e recoñecementos tras de si. A sua sona traspasou fronteiras sendo solicitados desde todos os puntos do mundo para tocar nos máis prestixiosos festivais e recintos. Desde os seus primeiros traballos obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro que conforman a longa historia do grupo.

O proxecto do grupo baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas, polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias, ainda que non rexeitan influenzas que melloren a súa proposta sen distorsionar o carácter central do seu proxecto.

Aínda que está pendente de confirmarse a orde prevista e actuación é a seguinte:

1º.- Leña Verde

2º.- Bonovo

3º.- Luar na Lubre

4º.- Muxarega



DE VOLTA DO FESTIFOLK DE MUGARDOS (e non é sin tempo)

Xa facía semanas que non actualizábamos este blog.

A culpa foi do Festifolk de Mugardos e de Andrés de Estimaba que Viñeras: fomos para alí un 20 de xuño, enguedellámonos por alí como nunha silveira, e aínda aparecemos hoxe por aquí.
Vaia secuestro express!!.
Podédelo creer.
Contámosvos un pouco o que alí aconteceu:
  • En canto ó festival en sí debemos máis que recomendárvolo a todos, especialmente ós que sexades da comarca. É un festival que, a pesar de levar poucos anos facéndose, dispón da mellor organización e de todas as facilidades para disfrutar de un día e unha noite enteira da música do país: un campo da festa envexable (herbal por todos lados); aparcamento ó carón do festival; zona de acampada improvisada (tamén ó carón do campo da festa); aseos preparados en módulos de casetas; comida a esgalla; actividades durante todo o día; unha carpa que nos deu a vida para comer á sombra e para que pola noite se improvisara unha poderosa repichoca onde gaiteiras/os, pandereteiras/os e percusionistas de toda a comarca (e máis aló) estiraron a noite ata o mencer; e como non podía ser doutro xeito acompañounos o mellor sol que leva lucido este ¿verán?.
  • En canto ós concertos, por suposto destacar que Quempallou cumpliu sobradamente co seu papel de estrela do festival, facéndo bailar, cantar, bricar e arrolar a todo o que se personaba polo campo da festa. Dende aquí tamén queremos destacar e felicitar ós compañeiros de Casa da Leiteira, que tiveron a difícil papaleta de arrancar o festival e poñérnos as pilas a todos. Obxetivo perfectamente cumplido: os primeiros bailes, berros e arroladas saíron das súas melodías. Do mesmo xeito destacamos a Estimaba que Viñeras, unha mezcla brava e poderosa de toques de quitarra eléctrica e batería acompañándo as pezas tradicionais das gaitas, con pezas de autor (moi grande Xaquín das Herbas, eh! Carliños!).

Se para o ano alguén dubida do que facer no fin de semana víspera do San Xoán, que se pase por San Xoán de Piñeiro, en Mugardos. Amaña o día, a noite, ó mellor o fin de semana enteiro ou incluso o que quede de mes.

Deixámosvos unas fotos para que vos fagades unha idea do que alí aconteceu. Non nos berredes porque non temos nin unha soa foto dos concertos.



Chegada ó campo da festa. O grupo en pleno. Non quedou ninguén na cama.

Ambiente do festival: toldos dos artesáns e a carpa ó fondo.

Probas de son.
As "tres de bravas" que poñen parte do apelido á nosa xira pub-barística 2009.

Que cousas raras se chegan a facer cando non hai nada que facer.
Expléndida tarde de sol no campo da festa.

Máis do mesmo. Cómo no había moito choio pola tardes deunos por adestrar as arroladas que despois faríamos durante os concertos.

Duas das "grupis" que nos acompañaron neste festival. Noelia de Teixeiro e Sandra de Valga.


Dous dos nosos elementos subversivos que non pegaron ollo en toda a noite. A tienda de campaña foi de paseo.

Todos á furgalla. Toca retirada ó mediodía do día seguinte ó festival. Ata o ano que ven.

sábado 13 de junio de 2009

III FESTIFOLK DE MUGARDOS. O VINDEIRO 20.06.2009

Pedazo día bravo de festa nos agarda o vindeiro 20 de xuño no 3º FESTIFOLK DE SAN XOÁN DE PIÑEIRO, en Mugardos.
Tremen as sardiñas no fondo do mar.
As gaitas xa templan agardando o día de festa.
As herbas do campo da festa coidanse para ofrecer ós festeiros as súa mellor textura.
E os deuses están có mítico Andrés de Mugardos e os seus colaboradores para garantizar que o sol luza durante todo o día.
Xa dende ben cedo, pola mañá, haberá actos que podedes ver no cartafo adxunto a estas letras.
MUXAREGA estará aló tamén dende ben cedo. Aproveitando que a proba de son é as 11:00 daremos renda solta ós nosos instintos máis repichoqueiros para disfrutar de todas as actividades que nos ofrece este Festifolk... e das posibilidades do entorno.
E se hai que ir mollar os pes ás augas da ría...¿que problema hai? Pois ¡¡NINGHÚN!!. Aló iremos.

Aproveitamos estas letras para animarvos a acompañarnos neste festival, onde a festa, a diversión e a ¡sardiñada! están garantidas.
Veña, o día 20 de xuño, todo quisque para Mugardos.

Vémonos!!

miércoles 10 de junio de 2009

ZEPPELIN BAR. 29.05.2009



O pasado 29 de maio inauguramos o ZEPPELIN BAR do noso amigo Poty como local de concertos. As mesas e sillas do comedor por sustituidas por amplificadores, pantallas, micrófonos, instrumentos, etc.
Alí demos un concerto que empezou ás 12 da noite e rematou ás 4:00 da mañá (... e sen protestas veciñais!!).
Na liña dos últimos concertos que estamos facendo dentro da Xira Pub-Barística 2009, fíxémonos acompañar de numerosos amigos e compañeiros sen os cales a animación que houbo no local non sería posible. De feito, o final do concerto foi un carrusel de cantareiros espontáneos que se facían fortes co micrófono, e ós cales nós acompañábamos como ben podíamos.
A festa acabou por outros locais da vila cando o sol xa petaba duro no ceo.
Moitas gracias Poty, e moita sorte co local.
Moitas gracias a todos os que vos pasastes esa noite polo ZEPPELIN BAR.

MUXAREGA en plena actuación.


Iago heavy-folkeiro, e sen o tercio de cervexa sobre o ampli. Aínda é raro oh!

Rober o máis listo de todos: púxose pegado á unica ventilación que había no local.


Andrés nun man a man con Paulinha: a voz vs acordeón.


Dous dos que nunca fallan: Luaces Kemehaces e Manolo "Jintonic" sempre pendiente do son.

Parte do equipo staff: Luaces Kemehaces e Oca "El minero"












domingo 24 de mayo de 2009

CONCERTO PUB PALIQUE. 08.05.2009

O grupo...bueno, falta Andrés Mel, que se non é o que saca a foto, xa debía andar por ahí algareando as cativas.

Polkas con Mantekadas

Eu chorar chorei, o domingo á tarde (...)

A Luis non hai xeito de sacarlle unha foto tocando.
Así que aquí o inmortalizamos recibindo mostras de afecto de Manolo "Jintonic".

Á Carolina caeulle o lagarto que tiña pintado na...

Oh, Jasús!....¿La Faraona?

A primaveira chega ó Corte Inglés... e a Muxarega tamén.
Ana Damore gaiteira, pandereteira e o que lle boten.

Andrés Mel impasible. ¡A ver home, rite un pouco!

Miguelao e Iago Ketehago, retellando duro nas cordas. Por suposto, sempre detrás das cativas.

Rober dándolle ó banjo.
Carolina jatillando, con Rober ó fondo.

Emilio "Jintonic" e Kuskín (esquerda e dereita respectivamente, por si acaso).
Un o indispensable apoio técnico, e o outro o necesario reforzo moral "Carolina me enamoras con tu flauta"

lunes 4 de mayo de 2009

CONCERTO NO PALIQUE. 08 MAIO 2009.



NON HAI ESCUSAS.
NON INTENTES BUSCALAS.
NON AS ATOPARÁS.


O TEU PRÓXIMO FIN DE SEMANA EMPEZARÁ NO PALIQUE, A GOLPE DE GAITA, ACORDEÓN, FRAUTA E OUTROS INSTRUMENTOS SUBVERSIVOS; E A RITMO DE MUIÑEIRA, POLKA, GIGA, RUMBA, E OUTRAS CADENCIAS ENGUEDELLANTES.

NON O PERDAS.
FAIME CASO.
NO PALIQUE.
O VENRES.

Aclararemos grandes dúbidas:
¿Seguirá Pauliña agarrada ó micrófono?
¿Cambiará Luis Brixeo as baquetas polo acordeón de Andrés Mel?
¿Será capaz Andrés Mel de aceptar tremendo troco?
E o que é peor, ¿virán Roberto e Iago coas guedellas cortadas?
¿Abandoará Miguelao o playback?
¿Ousarán Carolaila e Ana Damoure a incorporar o compresor á súas gaitas?

... e que non o podedes perder.