Vaia secuestro express!!.
- En canto ó festival en sí debemos máis que recomendárvolo a todos, especialmente ós que sexades da comarca. É un festival que, a pesar de levar poucos anos facéndose, dispón da mellor organización e de todas as facilidades para disfrutar de un día e unha noite enteira da música do país: un campo da festa envexable (herbal por todos lados); aparcamento ó carón do festival; zona de acampada improvisada (tamén ó carón do campo da festa); aseos preparados en módulos de casetas; comida a esgalla; actividades durante todo o día; unha carpa que nos deu a vida para comer á sombra e para que pola noite se improvisara unha poderosa repichoca onde gaiteiras/os, pandereteiras/os e percusionistas de toda a comarca (e máis aló) estiraron a noite ata o mencer; e como non podía ser doutro xeito acompañounos o mellor sol que leva lucido este ¿verán?.
- En canto ós concertos, por suposto destacar que Quempallou cumpliu sobradamente co seu papel de estrela do festival, facéndo bailar, cantar, bricar e arrolar a todo o que se personaba polo campo da festa. Dende aquí tamén queremos destacar e felicitar ós compañeiros de Casa da Leiteira, que tiveron a difícil papaleta de arrancar o festival e poñérnos as pilas a todos. Obxetivo perfectamente cumplido: os primeiros bailes, berros e arroladas saíron das súas melodías. Do mesmo xeito destacamos a Estimaba que Viñeras, unha mezcla brava e poderosa de toques de quitarra eléctrica e batería acompañándo as pezas tradicionais das gaitas, con pezas de autor (moi grande Xaquín das Herbas, eh! Carliños!).
Se para o ano alguén dubida do que facer no fin de semana víspera do San Xoán, que se pase por San Xoán de Piñeiro, en Mugardos. Amaña o día, a noite, ó mellor o fin de semana enteiro ou incluso o que quede de mes.
Deixámosvos unas fotos para que vos fagades unha idea do que alí aconteceu. Non nos berredes porque non temos nin unha soa foto dos concertos.


Máis do mesmo. Cómo no había moito choio pola tardes deunos por adestrar as arroladas que despois faríamos durante os concertos.
Duas das "grupis" que nos acompañaron neste festival. Noelia de Teixeiro e Sandra de Valga.
Dous dos nosos elementos subversivos que non pegaron ollo en toda a noite. A tienda de campaña foi de paseo.
Todos á furgalla. Toca retirada ó mediodía do día seguinte ó festival. Ata o ano que ven.
Que tal amighos? xa vos recuperaschedes da troula,eu ainda estou aljo escara...,dicirvos que sodes o que un festival necesita,¡¡¡festa pura!!! paseino bomba.Espero volver compartir escea con vos pronto,unha aperta ghrande.
ResponderEliminarAndrés,Estimaba Que Viñeras