miércoles, 23 de mayo de 2012


Sábado 26 de maio, 2 e 9 de xuño de 2012. Na parroquia de Cabreiros, Xermade, vanse celebrar, ,Deus mediante, as VIII Xornadas Interxeracionais Rurais, onde se compartiran experiencias, coñecementos, cultura, música con todas as persoas que alí van participar.
O 26 estará centrado no liño, cómo chegou a Galicia, como se utiliza e moitas cuestións a través e arredor do liño...Alí estará a Asociación de Mulleres de Insua (Vilalba) que fan un magnífico traballo co liño, desde o seu sembrado, tratamento, colleita, tinguido, tecido, os 32 pasos do liño. Posteriormente celebraráse un xantar popular de confraternización (as persoas interesadas en xantar terán que avisar á organización. O custe do xantar é de 20 euros). Como non podería ser doutro xeito alí estaremos nos, para rematar co churrasco e tamén para logo mandarlle unhas pezas que nos axuden coa dixestión.
Previamente participaremos ás 12:00 na presentación do documental sobre o liño no que tivemos o gusto de participar, non só coa nosa música, así mesmo participamos dando proba das nosas habilidades interpretativas. Non o iredes perder,ou??

No hay comentarios:

Publicar un comentario