martes, 21 de abril de 2009

VI REPICHOCA 2009. AS PONTES.

O próximo domingo 26 de abril, no local do pulpo da Fraga celebrarase a xa tradicional repichoca organizada polos gaiteiros ponteses. Este ano celébrase xa a súa sexta edición, e de seguro que non desmerecerá para nada as anteriores.
Dende fai uns anos e aproveitando a ocasión, os gaiteiros de As Pontes decidimos rendenlle unha pequena homenaxe a unha serie de xente que consideran dedicaron gran parte da sua vida a manter e a divulgar a música tradicional da nosa terra.
Este ano o elexido e o "caixeiro" dos Ponteses Da Silva. El foi un dos fundadores no ano 1965 do cuarteto Tradicional Os Ponteses, agrupación que anos mais tarde transformaríase en charanga na cal segue activo a día de hoxe.

A programación de dito acontecemento constará dos seguintes actos:

  • 13:00 hs. Xuntanza dos participantes nos arredores do parque do Campo da Feira para ir tocando ata a Fraga percorrendo distintas rúas da Vila.
  • 14:00 hs. Xantar no local do pulpo de A Fraga donde se degustará o seguinte menú: Pulpo, churrasco, postre, café e ......(todo preparado por unha pulpeira para a ocasión por 25 € para os adultos e 11 para os nenos menores de 11 anos). Para elo están a venda os tikes correspondentes.
  • 16:00 hs. Lectura dun escrito adicado o homenaxeado.
  • De seguido Repichoca a esgallo, ata que os corpiños aguanten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario