sábado, 11 de abril de 2009

FOLIADA DO "LAR". 27 MARZO 2009.

O pasado 27 de marzo voltamos a participar da Foliada do Lar, organizada por Gaiteiros Ponteses, tras dous anos sen facelo.
Foi un concerto especial e de certa exixencia para o grupo posto que, por un lado, estreábamos novo repertorio, e, por outro lado, facían o seu debut co grupo Carolina Leal (gaita e frauta traveseira) e Iago Pena (baixo eléctrico). Ademáis era a primeira vez na que decidídamente incorporábamos o baixo á instrumentación do grupo.
O resultado non pudo ser mellor.
Dende aquí queremos mostrar o noso agradecemento particular a:
  • Á organización da Foliada, i en particular a Lamas e Carlos, que nos deron todas as facilidades do mundo, tanto organizativas como de medios. Non nos esquezemos de Aurora, Mari e compañía, que nos acompañaron ata o peche do local.
  • Ós compañeiros de Jin Tony`s Son Band, que nos prestaron parte do seu equipo, nolo puxeron á funcionar e nos acompañaron durante todo ó concerto.
  • A Juanillo, amo e señor da equilización, domador de graves, agudos e medios.
  • A Lucía Leal e "Tato" Hermida que puxeron a súa furgoneta á nosa disposición.
  • A Adrián Luaces, Oka e resto desta Tropa Brava, fundamentais á hora de que a nosa loxística funcionase coma un reloxio suizo.
    A todos os amigos e compañeiros que nos acompañástes neste concerto.
Vémonos no Fardela Pub de Vilalva o vindeiro sábado 25 de abril!!





5 comentarios:

  1. Luis onde che vai o cubata, tes unha cara de borracho que nin diola.

    ResponderEliminar
  2. Ánimo rapaces, que o facedes xenial!!
    Que non vos veña ninguén comendo a moral.

    ¿Donde vai Rober?

    Migueliño te queremos.

    ResponderEliminar
  3. MUXAREGA NA FRAGA, LARALALALÁ
    MUXAREGA NA FRAGA, LARALALALÁ
    LARALALÁ, LARALALALÁ LALÁ LARALALÁ

    Esas gaiteiras!! Que vos collera!!!
    Je, je, je,...

    ResponderEliminar
  4. gracias a todos polo apoio e ostia o cubata tiñao na barra

    ResponderEliminar
  5. jejejjeje,,,,,,pois animádevos a vir ó fardela en villalba eh,,,,,,un beijoooo... ANA

    ResponderEliminar